miércoles, 27 de marzo de 2013

Salvador Sostres: "Soy un gran idiota pero todavía no me he dado cuenta".


Hoxe me levantei alegre, como cantaban Hombres G: "dando un salto mortal". Abrir a fiestra e ver cómo segue a chover non é algo que desmotive normalmente a un galego. Pero como soe suceder sempre ven alguén a jodela.
Esta semana adicarei a miña entrada a responder a un personaxe popular e grotesco que ven de agredir ó noso colectivo gratuitamente co seu artigo: “La vida en bicicleta” (http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/guantanamo/2013/03/24/la-bicicleta-y-la-vida.html). Tal barrabasada non podía ter outro autor que o simplón, ordinario e incendiario Salvador Sostres, autor, entre outras lindezas de: “¿que te crés, que la sanidad y la educación se pagan con tu IVA del ZARA?”; non me vou molestar aquí en educar a este pseudoxornalista no ámbito das finanzas nin tratar de explicar en cifras netas cánto factura ZARA (base impoñible do imposto ó que fai referencia) e cánto o seu amado Armani. Xa ti mesmo evidencias a túa propia ignorancia “amigo”.

Non obstante o tema deste último e, ogallá, derradeiro artigo sí pode ser obxecto do noso blog. Qué pasou dende que Paul Newman presentara á bicicleta como “o futuro” en “Dos hombres y un destino” ata que este neandertal fala dos seus usuarios como evolutivamente atrasados. Nada grave, xa Darwin demostrou que na evolución sempre positiva das especies hai determinados suxeitos que chegan á vida lastrados con certas taras que, sen chegar a facelos incompatibles coa propia existencia, sí provocan un retraso importante na evolución xeral da especie.
Este individuo, e a súa noxenta publicación nos serven claramente para comprender o que sucede a diario nas estradas e demostra-la violencia viaria á que o ciclista se atopa sometido, con un simple exercicio de extrapolación. Me resulta tremenda e preocupantemente doado imaxinarme a este esperpento de ser humano conducindo o seu automóvil de alta gama fumando un habano (costume perigosa que debería estar xa prohibida; prohibición á cal os fumadores se opoñen, qué casualidade, arrieritos somos), con un par de Gin-tonics a bordo (porque a xenebra, “se é de 15€ a copa non afecta a un experto catador coma min”), polo centro da Cidade condal abafando a un pobre ciclista, pitando detrás dél, adiantandoo sen respeta-lo 1,5m e recriminándolle que vaia estorbando. Non o digo eu, o dí “este elemento” no seu artigo: “entorpecen el tráfico con su lentitud, su habitual chulería de no apartarse cuando se dan cuenta de que molestan y su modo de saltarse cualquier señalización o semáforo”. Analizarei este anaco polo miúdo:
1.- Entorpecen o tráfico: o que entorpece o tráfico nas urbes é o abafante tráfico motorizado e os atascos que produce. Cando chego a un semáforo ou un cruce e me atopo unha ringleira de coches parados non lles berro criticando que entorpezan o tráfico “gilipollas”.
2.- Chulería al no apartarse. Por un lado quixera que este individuo me sinalase en qué artigo do Regulamento xeral de circulación se establece tal obriga para o ciclista. Por outro lado, para qué queres que se aparte? Para adiantar pisando unha liña contínua sen gardar a distancia de seguridade. Non xogues coa vida dos demáis, que, polo mero feito de ir en bici vale máis que a túa, directamente porque os seus órganos son máis viables para un posible trasplante que os teus, podres de tanto habano e Moët Chandom.
3.- En canto ó modo de saltarse calqueira sinalización de tráfico, é unha acusación o suficientemente grave como para ter que demostrala, máxime cando se xeraliza contra todo un colectivo. Non obstante, me preocupan moito máis as infraccións que ti cometes ós mandos dunha tonelada de chatarra!
As seguintes acusacións de “irresponsabilidad, su ignorancia y su temeridad” penso que acaban de quedar revertidas e estampadas no fuciño do emisor.
Para rematar unha frase que fala por sí mesma: “Cualquier ciudad sería más agradable, noble y segura con el doble de CO2 y la mitad de ciclistas”. Penso que facer un só comentario en torno á vulgaridade deste fulano sería xa redundante.
De todos os xeitos gracias por darnos pulo, ademáis de un tema para escribir esta semana que, como se acaba de quedar patente para o amigo lector, non é das mellores no que a inspiración se refire.
Un saúdo a todos, desexándovos que non vos atopedes na estrada con animales como este!

No hay comentarios:

Publicar un comentario