miércoles, 10 de abril de 2013

150 freando, ollo ciclista, non ceñir! (Luis Penido)

Esta semana falamos con un dos pilotos máis representativos da nosa terra, picheleiro, leva a súa cidade no sangue e sobre a chapa do seu vólido. Curtido nas cunetas dende moi novo deu o paso ós rallies e xamáis o deixou. Caracter e paixón na súa pilotaxe que contrastan co seu trato amable e cercano no persoal.
A persoa que nos vai dar algunhas opinións sobre seguridade viaria nesta entrevista non é outro que Luis Penido:
 Subcampeón Desafío Peugeot Galicia ( 1997 y 1998)
Subcampeón Desafío Peugeot Nacional (1998)
Campeón Trofeo Driver Center ( 2000)
Subcampeón gallego de ralis grupo N ( 2000)
Campeón gallego de Ralis grupo N 2005
Campeón Gallego de Montaña Grupo A 2008
Campeón Gallego de Montaña Grupo A 2009
Campeón Gallego de Ralis Grupo X 2011
No ano 2012 participou no Campionato Nacional formando equipo co noso gañador do Tour de Francia, Oscar Pereiro.

Obviamente, toda unha institución no mundo do motor na nosa terra.

Pregunta: Levas 16 anos competindo pero,  adícaste a algunha outra cousa?
Resposta: Levo 16 anos competindo, empecei pensando en disfrutar excepcionalmente das sensacions de pilotar despois de ver moitos ralis dende a cuneta. Corrín un rali, e xa me enganchei, e ata agora; e a verdade e que non me arrepinto o mais mínimo, xa que ainda que sempre me supuxo grandes sacrificios tamén me reporta grandes satisfaccions.
Pola miña forma de ser, todo o que fago quero facelo o mellor posible dentro das miñas posibilidades, por iso creo que cheguei a un punto cuasi-profesional pero sin deixar de ser un hobby, pareceme o compromiso ideal. Terminar facendo equipo co gran ex-ciclista Oscar Pereiro e integrado no ACSM Rally Team me enorgullece tremendamente.
Profesionalmente, traballo levando a xerencia de Trameve, un
Centro Especial de Emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Trátase dunha planta de despezamento de vehiculos fora de uso co obxectivo de por en venda recambios de ocasión para vehiculos. Incluso se pode comprobar o stock de mais de 100.000 recambios a través de Internet (  www.trameve.es ).


P: E no teu día a día, conduces? Coche ou moto?
R: Sempre fun de utilizar un coche a diario, a verdade e que me inspira mais seguridade e polivalencia. A conducción que practico a diario, non ten nada que ver coa desenvolvida na competición, obviamente.

P: É a seguridade viaria un tema que che preocupe?
R: A seguridade sempre me preocupou, ainda antes de sacar o carnet de conducir. Sígueme sorprendendo tremendamente que nas autoescolas che enseñen “a sacar o carnet” non a formarte o suficiente como para desenvolverte con seguridade nas estradas: saber cómo pode reaccionar o teu vehiculo en situacions complicadas, cómo pode afectar a outros que circulan pola mesma estrada…ciclistas, peons, etc.

P: Cómo ves a situación de convivencia forzosa dos distintos usuarios das vías, ciclistas e vehículos a motor, esencialmente?
R:  Non me cabe dúbida de que ós ciclistas non se lles respeta o suficiente nas estradas, e ademais estas non estan deseñadas para facilitar a circulación en bicicleta con seguridade. Ter que compartir espazo con coches e camións e circular a menos velocidade, sempre será unha fonte de problemas que pode derivar en accidentes. Si a esto sumamos que non se respete a distancia de seguridade á hora de realizar adiantamentos, despistes, escasa visibilidade…terminan nun rosario de accidentes e nunhas estadísticas demoledoras.

P: Crés que os galegos circulamos ben en bicicleta? E cando o facemos en coche? E, por outra banda, crés que é unha esaxeración o termo "violencia viaria" que temos empregado dende a ASCIGA nalgunha ocasión?
R: Ata onde eu teño coñecemento, a maior parte das vítimas de accidentes de tráfico que circulan en bicicleta soen ser perxudicados por erros alleos. É decir, que non provocan os accidentes senón que sufren as consecuencias ó ser a parte máis “débil”.
Teño utilizado a bicicleta, ainda que non últimamente, e todo o comentado non me anima a facelo. O concepto “violencia viaria” non me parece esaxerado, se non se poñen os medios para respetar ós ciclistas, seguiránse producindo accidentes e seguirase exercendo un “abuso” sobre eles, do mesmo xeito que se realiza sobre os peóns.

"A concienciación cidadá é vital de cara a que todos convivamos (e particularmente circulemos) en harmonía", Luis Penido.

Antes de despedirmonos queremos aprobeitar para agradecer a Luis Penido a súa colaboración e a súa amabilidade, así como para desexarlle un probeitoso ano no Campionato Nacional de rallies da man do ACSM Rally Team!

 

2 comentarios: