martes, 7 de mayo de 2013

Novo Regulamento xeral de ciculación III


A ver amigos, o tema de hoxe resulta extremadamente pastoso pero afecta a circunstancias importantes e graves que nos afectan. Hoxe imos tratar de ve-lo lugar no que o anteproxecto deixa ó ciclista, deixando patente que a expresión “priorización” do uso da bicicleta que aparece no Preámbulo é unha noxenta falsidade.

En primeiro lugar imos facer un breve comentario ó artigo 176.2: En vías con límite de velocidad igual o inferior a 50 km/h, que dispongan de al menos dos carriles de circulación por sentido, los ciclistas circularán por la calzada y por el carril derecho, favoreciendo el tránsito del resto de vehículos que circulen a mayor velocidad. Podrán circular por los otros carriles cuando vayan a cambiar de dirección, o cuando lo precisen. En las que dispongan de un carril de circulación por sentido, los ciclistas circularán preferentemente por la parte derecha del carril en la medida en que su seguridad y la de los otros usuarios lo permitan, favoreciendo el paso a otros vehículos”.
Como no texto publicado queda físicamente demasiado afastado, imos copiar aquí un fragmento do Preámbulo: “La pérdida de protagonismo de los vehículos a motor y, por el contrario, el auge de otros medios para desplazarse, es un cambio cultural importante que es necesario trasladar a la norma con el objeto de dotar a los usuarios de las vías de la necesaria seguridad jurídica”. Permitídeme un chascarrillo: “Zás, en toda la boca”! Queda claro que o cometido deste precepto non é protexer ó ciclista se non que “este estorbo” non moleste ó tráfico motorizado. 
Cargar ó ciclista coa obriga de circular pegado á dereita cunha marxe tán indeterminada como “la medida en que su seguridad” é tan impreciso como inseguro: cal debe ser ese marxe físico? Varía éste en función das circunstancias climatolóxicas como pode ser o vento? Cándo transgrede o ciclista a medida de seguridade “de los otros usuarios de la vía? 



En vista das imaxes asáltanos a dúbida de cándo o ciclista pode, "con seguridade", facilita-lo paso ós vehículos que circulan detrás súa. A resposta é clara: NUNCA! Estas son só tres imaxes cedidas polos nosos socios que sirven de mostra para comprobarmos o estado dos arcéns e cómo o anteproxecto carga ó ciclista cunha obriga inasumible.
Resulta confuso e moi pouco axeitado este precepto así redactado, o correcto si se quere protexer a vida das persoas, é situar ó ciclista no centro do carril (así o facía o antigo e esquecido proxecto) encomendándolle o deber de favorece-lo adiantamento cando as circunstancias de seguridade llo permitan, sen esquecer unha advertencia firme en forma de sanción ó condutor que acose ó ciclista para que este se aparte. A presa xamais está xustificada na estrada!

Segundo punto. ATENCIÓN GRUPETAS! Non se modifica o artigo 176 que no seu punto 4 di así: “Los ciclistas podrán circular en grupo sin mantener entre ellos la distancia de separación… En este caso deberán extremar la atención a fin de evitar alcances entre ellos”.
Por qué vos copiamos este fragmento? Pois consideramos que debería ser modificado. Esa pequena expresión subliñada está a ser utilizada pola xurisprudencia para considerar que nun “accidente” existe unha concorrencia de causas e minorar así a indemnización que percibe o ciclista (ou, Deus non o queira, a súa familia) en caso dunha caída provocada por un burato na estrada ou unha manobra temeraria de algún outro vehículo.
Para entendernos: vas circulando en grupo, un camión comeza un adiantamento e, “como son tan profesionais”, non mide ben e retorna ó carril antes de ter superado por completo ó grupo. Isto provoca unha caída na que te ves envolto. Imos ser optimistas, non te mancas pero rompes o cadro de carbono da túa fermosa Orbea Orca. O que supón manter esta expresión no Regulamento é que o señor xuíz, cunha técnica xurídica exquisita, determinará que o seguro do camión só che paga unha parte da bici posto que o resto da “culpa” cha atribúe a ti por non ter“extremado a precaución”. Outro exemplo máis de protección ó colectivo ciclista.


Pasamos agora ó punto 6º deste mesmo artigo 176. Nel se autoriza ós ciclistas a circular polas beirarrúas e zoas peonís nos termos que establezan as distintas ordenanzas municipais. Queremos humildemente lembrarlle á DXT que existe un principio de xerarquía normativa que, no que nos ocupa, ven a dicir que unha ordenanza municipal (nin un regulamento) non pode contradici-lo que establece unha lei, como puidera ser a Lei de tráfico, e que reserva de xeito exclusivo ós peóns a circulación polas beirarrúas e zoas peonís (Anexo I, apartados 55 e 56). Logo o punto 6º do artigo 176 é ilegal.

Para rematar, que non todo van ser críticas negativas, salienta-la regulación da circulación en glorietas. Resulta exemplificativo, se cadra polo perigo extremo que entraña esta “especie invasora” que asolaga as nosas estradas, cómo se protexe a vida no parágrafo 9º do artigo que hoxe nos ocupa: “En la circulación en glorietas, teniendo en cuenta las normas de prioridad que establece el artículo 64, el ciclista ocupará la parte de la misma que necesite para hacerse ver. Ante la presencia de un ciclista el resto de vehículos reducirá su velocidad, evitará en todo momento cortar su trayectoria y facilitará su maniobra en todo momento”. Na ASCIGA, que sempre vemos a cunca medio valeira, lemos este precepto a “sensu contrario”, o que nos leva a ver nel unha grave ameaza para o ciclista xa que, fora das glorietas os condutores dos restantes vehículos: non deberán minora-la velocidade ó achegarse a un ciclista, poderán curta-la traxectoria deste e poderán entorpece-la súa manobra libremente.
Se cadra a preocupación que causa no lexislador un punto tan perigoso e conflitivo como a circulación nas glorietas debería ser extrapolado ó resto de vías en aras da VERDADEIRA PREOCUPACIÓN POLA SEGURIDADE do colectivo máis feble da seguridade viaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario