miércoles, 16 de diciembre de 2015

Como vai a partida?

Dende a última publicación do 6 de outubro vos temos a todos á espera de darvos conta dos avances, poucos avances, de cara a solucionar o grave problema co que nos enfrontamos no monte galego. Os que nos acompañades dende hai tempo sabedes que unha das nosas máximas é a transparencia e que tratamos de casala o mellor posible coa responsabilidade nos asuntos máis importantes. Imos logo contar "como vai a partida":




- O primeiro punto é facer públicas as "cartas" que puxemos sobre a mesa da Xunta de Galicia naquel 20 de setembro en San Caetano para que poidades ter unha opinión ben formada. Aprobeitamos para aclarar que non publicamos todas as nosas propostas dende un principio en prol daquela responsabilidade da que falabamos no primeiro párrafo e ante a promesa do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes de valoralas seriamente.
Pasado agora un tempo prudencial debedes saber que, ademáis de comunicación e mediación cos demáis implicados na aparición de trampas mortáis nos montes galegos, pedimos á Xunta de Galicia que exercese medidas serias para con aquelas Comunidades veciñais de monte en man común que están a mostrar unha actitude máis velixerante e ó marxe da legalidade e que son as primeiras responsables (responsabilidade que estas mesmas CCMM se arrogan á hora de limitar o uso dos montes) de que nas súas terras non existan trampas mortais. Tal medida non foi outra que a inclusión dunha clausula en calquera documento de adhesión ou solicitude de subvencións ou axudas pola cal a Comunidade solicitante se comprometa a manter o monte libre de trampas. Doado e sinxelo, para toda a familia!

- Dende aquel 20 de setembro vimos agardando ser convocados a unha xuntanza co responsable autonómico, policía e CCMM. A demora, segundo nos expresa o propio Secretario Xeral, viría provocada pola carga de traballo que supuxeron os cambios na estrutura da Xunta de Galicia e pola solicitude da Mancomunidade de Vigo de manteren con el unha xuntanza previa.

- Aprobeitamos esta última conversa co Secretario Xeral para solicitarlle o seu parecer sobre os carteis que están a aparecer en algun monte prohibindo multitude de actividades, incluída a circulación con bicicletas, e co selo da propia Xunta algúns deles. Nos confirmou que eses carteis non contan co aval da administración e que ten solicitado un informe sobre os mesmos ós técnicos da Xunta.
Neste apartado non deixamos de trasladarlle tamén a nosa condea das pintadas aparecidas nun destes carteis en Valadares xa que a nota de prensa que enviamos conxuntamente con Pedaladas non foi publicada en ningún medio e a comunicación directa á propia Comunidade Veciñal non tivo resposta.

- Xa a modo de valoración, e agardando unha definitiva publicación no DOGA, escoitamos hai poucas datas ó Presidente da Xunta anunciar unha serie de medidas e axudas económicas a diversos entes entre os que se atopaban as Comunidades de Montes. Manterémonos á espera de ter novos datos a fin de comprobar se a nosa proposta foi efectivamente valorada ou descartada de enriba do tapete onde se está a xogar esta partida.

Nada máis que contar polo de agora. Seguiremos informando.

2 comentarios: