Pasamos unha
semana intensa na que os prezos das licenzas, os seguros e a Federación Galega
de Ciclismo estiveron en boca de todos e para tratar de ilustrarnos sobre o tema falamos hoxe con alguén que sabe algo do tema e que mantén unha postura crítica coa actual Xunta Directiva.
Metidos noutros
“fregados” na ASCIGA o tema colleunos “mal colocados” e imos tratar de botar
agora a fuga abaixo tratando de coñecer que é o que se coce detrás de toda esta
polémica. Sentámonos con ese cometido con Ricardo Terceiro, Ex-asamblesita
dende o ano 1994 ata 2014 e Xerente da
Federación durante toda a anterior lexislatura.
- Bos días Ricardo. Comezamos a disparar:
- Como funciona
o seguro da Federación? Para que serve? Que cubre?
As federacións están obrigadas a ter os seguros correspondentes á
Resposabilidade Civil, para cubrir os danos ocasionados a terceiros e outro
para os accidentes propios que se poidan
sufrir na práctica do ciclismo.
O seguro é unha tranquilidade para
o ciclista porque, en caso de accidente, ten a garantía de que os gastos de
asistencia non serán pola sua conta e pode ser atendido en calquera centro
concertado do pais ou do extranxeiro, ou incluso en centros públicos no caso de
urxencia vital. Hai que ter en conta,
ademáis, que a Seguridade Social non se fai cargo deste tipo de accidentes e
xira facturas importantes pola aistencia.
No caso da RC tamén é importante ter
unha boa cobertura porque o ciclista está exposto a riscos pola práctica de un
deporte ao aire libre e en vías urbanas e interurbanas, e en calquer momento
pode ocasionar un accidente con danos físicos ou materiais que estarían
cubertos por ese seguro de RC.
- Logo a
Federación Galega de Ciclismo o que fai é buscar unha compañía privada que
ofreza un seguro ó colectivo de federados?
Efectivamente. Todas as Federacións deportivas deben ter as correspondentes pólizas contratadas e cada
unha delas ten que buscar a que ofreza as mellores coberturas e os mellores
prezos. Hai algunhas que se acollen extrictamente ao Real Decreto de 1993 que
regula unhas garantías mínimas do Seguro
Obligatorio Deportivo e outras , coma a FGC nos derradeiros anos que ampliaba
esas coberturas, sen maior coste, para previr importes adicionales que tería
que soportar a Federación nas asistencias.
- E, dende a túa
experiencia ó cargo da Federación, como se levaba a cabo esa busca?
Cando chegóu a anterior directiva encarguéime personalmente das
negociacións cos mediadores e o primeiro ano prorrogamos o contrato polo mesmo
prezo do ano anterior, porque nos parecía un precio razoable. Sen embargo,
vendome toda a pinta de inexperto, xa me avisou o mediador de que ese precio
non se podería manter para o ano seguinte, porque subía a siniestralidade, que
á compañía dáballe perda, que si tiñan que ter un operador telefónico, que si
outras federacións pagaban máis con menos coberturas, etc.
A partir de ahi entendín que esto era un mercado de oferta e demanda e que
o que pretendían os mediadores era
vender o seu producto. E entón empezamos a ser nos quenes lle esixíamos
ás compañias unha serie de requisitos, amparándome na experiencia de Jorge
Punzón, empleado da FGC que é o home que máis sabe de toda Galicia da operativa
de seguros:
O único canal de transmisión de partes á compañía é a Federación Galega de
Ciclismo, nin o ciclista nin o club, para así poder filtrar nos os sinistros e
o presunto fraude.
Os centros concertados serían os que eles propuxeran pero se faltaba algún
terían que aceptar o que nos lle propuxéramos.
A atención do parte sería personalizada, sen robot.
Etc.
Estas negociacións empezaban no mes de setembro e apurábamos a firma do
contrato hasta o 28 ou 29 de decembro porque sempre aparecía algunha compañía
que che pedía o último precio para baixar un 1 ou 2 € a prima por licencia.
E nunca me fiei dos números que aportaban as compañías para xustificar as
subas.
Decían que a siniestralidade lle costaba o doble , en algún caso o triple,
aportando como docuemnto o número de siniestros 350 – 400 (ó redor do 7% por
número de licencias). Pero eu creo que nos daban os datos segundo o precio ó
público que moito máis alto do que teñen concertado e realmente abonan aos
centros. (Por poñer un exemplo algunha algunha compañía ten concertado 30 €
/consulta e nos papeles poñen 140 €.
De todo esto teño pleno coñecemento porque o ano que se plantexaron graves
problemas finalmente solucionados para que A Rosaleda de Santiago fose un dos
centros concertados houbo unha reunión a tres bandas (Xerente de A Rosaleda-Director
Médico da Compañia – Xerente da FGC), para establecer criterios económicos e de
atención e a partir de ahí todo o intercambio de comuniación entre eles pasou
pola FGC, como intermediaria na relación entre Compañía e Centro.
- Podemos dicir
que á actual Xunta Directiva a colleu o toro?
Pasoulle
como nos pasou a nos o primeiro ano e asustáronse do medo que meten os
mediadores e as compañías ó empezar a negociación.
Non
vou decir nada en contra de quen fai un traballo non remunerado pensando no ben do ciclismo galego, pero este
tema do seguro require moita dedicación, moito tempo, viaxes, entrevistas e
chamadas porque estáse manexando máis do 50% do orzamento da federación. E se
podes aforrar 10 € por asegurado son moitos cartos os cartos dos que podes
dispoñer.
De
todos os xeitos aínda queda esta semana para pechar mellores precios, sempre e
cando non o teñan pechado xa, ou non haxa “cousas raras” por parte de algunha
correduría.
- ¿Porque lle
pos comillas as “cousas raras”?
Traballamos con Corredurías e Compañías que son potencias mundiales en
materia de seguros (AON, Marsh, ACE, Generalli, Allianz, Mapfre). As relacións
entre os corredores e as aseguradoras van máis alá dos 200.000 ou 300.000 € da
Federación Galega coma cliente ou dos 3 millons de todas as autonómicas.
Tamén están os outros deportes. Pero sobre todo están outros productos,
plans de xubilación, plans de inversión,
vida, vivenda, grandes empresas, multinacionales e hasta petroleras, que
moven miles de millóns de euros.
A estas grandes corredurías non lles importa “bloquear” as compañías de
seguros de anteman, ou sexa propoñerlles para que non baixen de un precio, por
exemplo 60 euros por asegurado porque si o final non levan o contrato poden
compensarllo coa carteira de outros productos, coma pode ser a de seguros de
vida, ou plans de xubliación.
De feito houbo un ano que conseguimos un precio de 22 € con Generalli
gracias a un movimento parecido. A Compañía a cambio dese baixo precio recibe
unha carteira de clientes de máis de un milón de euros que o corredor tiña en
outra aseguradora.
- Segundo nos
contas estes tira e afrouxa acontecen todos os anos. Nos das outra razón para
pensar que non é certo que o fraude e o mal uso que poidamos dar ó seguro os
federados supoñan unha perda tan grande que xustifique semellante suma. Podes
ofrecernos algún dato que o corrobore?
Esto é moi complexo. Efectivamente o fraude existe pero ten unha
incidencia menor.
A loita das compañías non é contra o fraude
senon convencer ás federacións de que eles perden cartos cos sinistros.
A
loita das federacións é baixar os sinistros para presentar unhas estadísticas
que rebatan o que che queren contar as compañías. Claro que un dos condicionantes para
baixar a siniestralidade é combatir o fraude, pero en accidentes xa digo que
ten pouca incidencia.
Na responsabilidade civil conseguimos desterralo dunha maneira sinxela
poñendo unha franquicia de 300 € en todos os casos salvo que o accidente
ocurrise en competición donde se pode comprobar a súa veracidade. A partir de
ahí desapareceron os partes de roturas de espellos e de coches raiados que non
eran producidos por ciclistas senon por “cuñados”.
O fraude que hai no seguro de accidentes é debido xeneralmente a algún que
ten cita na no traumatólogo da SS para dentro de dous meses, ou xente que tivo
un percance fora da bici pero vai a un privado concertado. Dousenos un caso de
un que foi ao traumatólogo e cando dende a Federación lle din que non o cubre o
seguro porque non foi como consecuencia dunha caída dixo “pois apuntame ahí que
vou cair pasado mañan”
Pero estes partes son de escasa facturación e pouca repercusión ten no
total anual da compañía.
Os casos máis graves que requiren internamento e polo tanto son máis caros
controlanse perfectamente e aquí podese decir que o fraude é inexistente.
Outro tipo de fraude máis grave para o ciclista pero no que tamén sale
perxudicada a Federación, e moito, é en algún organizador que inscribe, por
exemplo, a 200 ciclistas con licencia de un dia e logo manda unha relación con
50. Os outros 150 pagaron pero non están cubertos por seguro ningúnAfortunadamanete
non é unha práctica xeneralizada pero a única maneira que ten a Federación de
detectalo é cando se lesiona un deses participantes non relacionados na lista
que vai á compañia de seguros. Sería facil de controlar se nas marchas
cicloturistas houbera un árbitro facendo as inscripcións.
- Temos
entendido que se chegou a un acordo con outras federacións para acadar un prezo
razoable. Como valoras dito acordo? É o camiño que nos queda?
O ano pasado Marsh ofreceunos para este ano unha rebaixa de 2 € por
asegurado se conseguían, ou conseguíamos, que oito autonómicas firmaran con
eles. Cando fixeron os primeiros contactos cos outros renunciaron a seguir
porque cada federación ten un sistema de traballo distinto e distintos
dirixentes.
No ano 2012 fomos Jorge Punzón e mais eu a Madrid a unha reunión da
Federación Española e Cerrón falounos a todos de negociar conxuntamente con
unha compañía común para todas as federacións autonómicas.
Unhas xa tiñan contratado con un de “toda a vida” (unha das máis caras, por
certo), outras non lle conviña porque a tiñan a 32 €. ..... Cando nos dixemos publicamente que en Galicia
pagábamos moito menos, outros empezaron a poñer pegas de si as coberturas, que
si as licencias, que si a siniestralidade, ou sexa disculpas para seguir co seu
porque posiblemente tiveran “outras compensacións”... a da FGC era o
patrocinio.
Se hai un acordo nacional ten que ser porque unha compañía “ofrece” un bo
precio, non por que as federacións o “pidan” (espero que se entenda a diferencia no matiz).
No hay comentarios:
Publicar un comentario